CASO DEL MES / junio 2018

Unha muller de 70 anos foi traída a Urxencias polos seus familiares por desorientación progresiva. Dos seus antecedentes persoais, destacaba hipertensión arterial, hipercolesterolemia e osteoporose. O tratamento habitual incluía necardipino, rosuvastatina, bromazepam, calcio, vitamina D e no último mes, denosumab. Dende facía aproximadamente un mes presentaba desorientación temporoespacial persistente e progresiva, así como perda de memoria, incapacidade para tarefas sinxelas e comúns e episodios de axitación. Na exploración física só destacaba a desorientación, sen outras anormalidades no examen xeral e neurolóxico. Das exploracións complementarias rutinarias só destacaba unha LDH sérica de 438 U/L (normal, <418). Realizouse un TC craneal con contraste no momento de ingreso (ver imaxe adxunta1) e despois de tratamento con dexametosa (imaxe adxunta 2). As seroloxías de enfermedades infecciosas foron negativas, incluida a de VIH. Realizouse un TAC toraco-abdominal e un PET corporal, resultando os dous dentro da normalidade. Realizouse unha proba diagnóstica.

1. ¿Cal foi o principal diagnóstico de sospeita?
2. ¿Cal foi a proba diagnóstica?


GANADORES

Raúl León Mateo
Estudiante - Facultad de Medicina de Santiago de Compostela
15/06/2018

Pablo Rodríguez Alonso
Facultade Medicina USC
12/06/2018