Meiga.info  
« Inicio   |   Actualizado el martes, 28 de marzo de 2017
El acceso al área de socios se realizará mediante validación en el Registro Central de la SEMI
Sugiere un enlace Imprimir

NOTICIAS Y GESTIÓN DE LA SOCIEDAD

Editoriales y artículos

Maiores e atención á dependencia.


Excma. Sra. Corina Porro Martínez
Conselleira de Asuntos Sociais

O aumento da esperanza de vida é un dos mellores indicadores globais do desenvolvemento dun pobo. En Galicia a esperanza de vida ó nacer (74,42 anos para os homes e 82,12 para as mulleres) supera a media dos países da Unión Europea é unha das máis altas do mundo.

Por imperativo da xusticia, dito fenómeno debe acompañarse dunha política que dea unha resposta axeitada ás demandas e necesidades sociais dos maiores e a encher de máis vida os seus anos de vida, facilitándolles tódolos coidados e protección que precisan.

Con esta finalidade a Consellería de Asuntos Sociais aprobou o Plan Galego de Persoas Maiores 2001-2006, no que se plasman os modelos de intervención adoptados para incrementa-la súa calidade de vida. Ó final do periodo, nos principais programas se pasará de atender a doce mil usuarios a máis de trinta mil.

Debido a súa importancia, unha das estratexias prioritarias do Plan consiste na aposta por afronta-lo fenómeno da dependencia dun xeito global e integral. Deste xeito, a Comunidade Autónoma galega pretende anticiparse ó reto da dependencia, que hoxe xa se manifesta con gran forza e nos vindeiros anos se fará aínda máis perceptible.

A potenciación da rede asistencial de maiores dependentes para alcanza-la cobertura pública que establece o Plan Xerontolóxico Nacional, que establece a existencia de 1,4% prazas residenciais públicas por cada cen persoas maiores, é o obxectivo central desta estratexia. Para acadalo, no periodo 2001-2006 ó en Galicia se crearán 4.270 novas prazas públicas para maiores dependentes.

A ampliación da rede asistencial pública desenvolverase a través da construcción de novas residencias públicas, o programa do cheque asistencial e o concerto de prazas. Tamén potenciaráse a creación de novas prazas públicas de centros de día, multiplicando por dez as existentes.

Paralelamente, en colaboración co IGAPE, a Consellería de Asuntos Sociais fomentará a creación de centros multiasistenciais da iniciativa privada para crear 1.800 novas prazas residenciais para maiores dependentes.

Xunto con esto implantáronse o Teléfono do Maior e un equipo de animación sociocultural, para que os maiores das zonas máis illadas de Galicia poidan acceder a este tipo de actividades; seguirase potenciando o Consello Galego de Persoas Maiores e constituirase un equipo de valoración cara homoxeneiza-las actuacións que se desenvolven cos maiores dependentes.

O Plan Galego de Persoas Maiores 2001-2006, dotado con máis de 163.119,7 euros adicionais, en definitiva, é un instrumento especialmente axeitado para proporcionar ós nosos maiores o que se merecen, por canto as condicións de benestar que hoxe estamos a desfrutar, en gran medida, debémosllelas a eles.

viernes, 10 de mayo de 2002






Web acreditada Proyecto WMC - Webs médicas de calidad Web Médica Acreditada. Ver más información Certificado HONcode
Sociedad Gallega de Medicina Interna © 2017
Secretaría Técnica: jculloa@meiga.info
Contenidos: j.alvaro.f.rial@meiga.info
Soporte técnico: sistema@meiga.info

DEPÓSITO LEGAL: LU-380-04

AVISO A PACIENTES: La información de este sitio está dirigida a profesionales de la Medicina. Su contenido no debe utilizarse para diagnosticar o tratar problema alguno. De necesitarlo, por favor, consulte con su médico.
El contenido de esa página no está influenciado por sus patrocinadores.
Los datos personales comunicados por los usuarios de meiga.info no se almacenan en ningún registro automatizado, ni se ceden a ninguna otra entidad ni se utilizan para ninguna otra actividad distinta de aquélla para la cual el usuario los ha expresamente comunicado.